Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
FIDEL RENUNCIA Á PRESIDENCIA

Reaccións dos principais partidos galegos

Socialistas e populares ven na decisión un primeiro paso para a “apertura democrática” e o Bloque pide respecto para a soberanía do pobo cubano.

Redacción / Europa Press - 18:23 19/02/2008

Os tres partidos políticos que están representados no Parlamento valoraron ao longo da xornada as noticias que chegaban dende Cuba. Tanto populares como socialistas amosaron o seu desexo de que a decisión de Fidel de renunciar á presidencia desemboque “nunha apertura democrática”. Pola súa banda, o Bloque rexeitou “inxerencias externas” e sinalou que os cubanos teñen que ser soberanos para decidiren o seu destino político.

Segundo recolle Europa Press, o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, subliñou que Cuba precisa un “réxime democrático, con liberdade e pluralismo político, e sen presos político”. O socialista Ricardo Varela afirmou que a noticia trae “optimismo” xa que “pode ir acompañada dunha apertura democrática”.

A secretaria de Relacións Exteriores do BNG, Rosana Pérez, pediulle á comunidade internacional que sexa “respectuosa cos procesos internos” de Cuba. Os nacionalistas subscriben a afirmación de Fidel cando di que “o camiño que queda non vai ser fácil”.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: