Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Tripla vitoria este martes

Obama pasa a liderar a competición demócrata

Os resultados das primarias en Washington DC, Virginia e Maryland fixéronlle perder o liderado a Hillary Clinton. McCain consolídase no lado republicano.

Redacción - 09:00 13/02/2008

A última hora desde os Estados Unidos trae noticia de que, despois de tres novos triunfos parciais, Barack Obama superou xa a Hillary Clinton na suma total de delegados a repartírense en cada estado onde se celebran primarias. A estreita vantaxe en favor de Clinton pasa agora a ser un corto pero significativo liderado de Obama, con apenas dúas ducias máis de compromisarios, 1223 fronte a 1198.

Con esta son xa oito vitorias consecutivas de Barack Obama. A tendencia provocou unha nova dimisión no equipo de Hillary Clinton, desta vez a do subdirector de campaña, Mike Henry. A muller do ex presidente estadounidense centra agora as súas esperanzas para recuperar o liderado no estado de Texas, onde se votará o próximo 4 de marzo.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: