Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Galiza Non se Vende

Mani-Festa-Acción, contra a destrución do territorio

Os máis de 60 colectivos que compoñen esta rede convocan para o domingo 17 unha protesta na que se denuncia o mal uso que se lle está a dar ao territorio.

Lucía Iglesias - 17:06 12/02/2008

Baixo o lema "Galiza Non se Vende: Contra a destrución do territorio", máis 60 colectivos tomarán as rúas de Compostela o domingo 17 para reivindicar un mellor uso do noso patrimonio. A partir das 12 do mediodía e con saída dende a Alameda os manifestantes reivindicarán o "uso insustentábel do territorio que está a destruír a paisaxe e o patrimonio cultural, a empobrecer a biodiversidade, empeorar a calidade de vida e hipotecar as xeracións futuras para enriquecer a unha minoría".

A rede Galiza Non se Vende reúne moitas causas que están a prexudicar o entorno no que vivimos, e que teñen un mesmo punto en común: "a inexistencia dun ordenamento territorial ecoloxicamente sustentábel e socialmente xusto". A planta de Reganosa, o PXOM de Vigo, ou o trazado do TAV son tan só algunhas das causas contra as que protestar o domingo 17 en Compostela, pero tamén a estrutura política actual debe ser revisada, xa que "non están a respostar aos problemas" e aínda se está a tempo de cambialo.

Mabel Rivera, da Fundación Galicia Verde e Xan Duro, de Verdegaia, denuncian a situación actual na que se atopa o país e reclaman a necesidade da mobilización social para acadar un cambio.



Acción cidadá

A manifestación do domingo será, segundo indicou Mónica García, de Burla Negra, unha "Mani-Festa-Acción", porque ademais de congregar ao maior número posíbel de persoas, tamén ten que ser unha festa, debe ser algo lúdico para animar á xente a continuar loitando por estes ideais, e tamén conleva unha acción, acción contra a situación na que actualmente se atopa o territorio galego.

Segundo indicou Mabel Rivera, na concentración vai participar xente de todo o país, "movidos non só por un problema único, senón movidos por unha diversidade de feitos que están a suceder en cada localidade".


4,81/5 (26 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: