Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Abriranse ademais outros seis novos centros en Galiza

'Quérote' tamén nas Illes Balears

Unha delegación do goberno insular viaxou a Galiza para interesarse polo programa de información afectivo sexual da Dirección Xeral de Xuventude.

Redacción - 19:37 11/02/2008

Representantes do Goberno das Illes Balears visitaron Galiza para coñecer o funcionamento do centro Quérote, e o seu modelo de servizo de información afectivo-sexual orientado á mocidade, para posteriormente trasladalo ás illas. Durante a súa visita estiveron acompañados polo director xeral de Xuventude, Rubén Cela.

A delegación balear, composta polo director xeral de Xuventude, Joan Artigues Roig; a directora do Instituto Balear da Muller, Lila Thomas; e a directora xeral de Saúde Pública, Margalida Buades, achegáronse até Compostela onde puideron coñecer a organización, funcionamento, planificación, actividades e filosofía da rede de centros Quérote, que leva funcionando en Galiza dende 2006.

Rede articulada en Galiza

A iniciativa, pioneira no Estado, conta xa con centros en Compostela e Lugo, centros que tiveron unha grande acollida dende a súa posta en marcha hai dous anos. Debido a este éxito, a Vicepresidencia da Xunta ten previsto abrir seis novos centros que se situarán en Ourense, Ferrol, A Coruña, Vigo, Burela e Pontevedra.

Os centros Quérote deseñan actividades propias dirixidas a garantir a calidade das intervencións. Elaboran protocolos e instrumentos de avaliación da satisfacción dos usuarios e profesionais, e artellan tamén unha metodoloxía comunicativa e informativa áxil, adaptada ás necesidades de confidencialidade de cada mozo ou moza. Existen tres vías de consulta: as consultas personalizadas, vía telefónica ou pola rede.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: