Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Censura "previa" para o ano que vén

Ao xulgado pola letra dunha canción de Entroido

Hai quen considera que a crítica chegou "a insulto" e a Policía Local do Grove denunciará unha comparsa por inxurias.

Redacción - 09:00 13/02/2008

A Policía do Grove vai denunciar unha comparsa do Entroido 2008 por presunto delito contra a honra deste departamento local. Baixo as acusacións de inxurias, os axentes denunciaron as coplas entoadas por Os da criba na súa contra. O concelleiro de seguridade cidadá, Alfredo Bea, considera que nestas festas o propio e a sátira e a crítica, mais que nunca debería chegarse ao insulto.

Os axentes foron insultados nalgunha das letras cantadas pola comparsa. Posteriormente, no concerto do sábado de entroido no pavillón do Grove, tamén se contou coa presenza da comparsa Os da Criba, pero a letra da canción xa non era a mesma, xa que se lle retiraron as palabras malsoantes.

O concelleiro de seguridade cidadá, Alfredo Bea, denuncia este feito, xa que “o entroido é unha época de retórica, lírica, crítica..., pero sempre dentro duns límites, non se pode chegar ao insulto”. Tamén indicou que o público non se puxo a favor da comparsa, xa que no concurso, os integrantes da formación foron moi criticados polas súas letras.

Debido a estes feitos, está previsto que o vindeiro ano se analicen as letras das comparsas antes de que sexan cantadas ante o público. “Non é censura, pero as críticas non poden pasar polo insulto”, sinalou Bea.


2,33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: