Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Final da Copa África

Os "faraóns" triunfan diante dos "leóns"

Exipto gañoulle a Camerún pola mínima e ponse un ano máis a coroa do fútbol africano. Os cameroneses volven coa estrela, Eto'o, lesionada.

Redacción - 20:40 10/02/2008

A selección de Exipto sumou este domingo o seu sexto título na Copa África. Os exipcios xa triunfaran o ano pasado e recuncan agora como campións do continente despois de vencer a Camerún por 1-0 na final disputada en Ghana.

O gol do partido marcouno Mohamed Aboutrika pasada a metade da segunda parte, minuto 76. A principal referencia do conxunto camaronés, o futbolista do FC Barcelona Samuel Eto'o, xogou mancado os últimos minutos do encontro e volve mancado.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: