Os "leóns indomábeis" camaroneses, que en decembro non foran quen de bater a Irmandiña, loitarán este domingo cos "faraóns" exipcios, actuais campións, polo título.
Complicado prognóstico para o encontro que disputarán Exipto e Camerún este domingo e onde se resolverá o vencedor da Copa África 2008. Por un lado, os exipcios son vixentes campións, suman xa cinco edicións do trofeo nos seus andeis, e chegan á final despois de vencer o poderoso conxunto de Costa de Marfil. Os "elefantes" liderados por Didier Drogba, caeron así por 4-1 fronte a Exipto.
Por outro lado, Camerún conseguiu en catro ocasións o título e acode á competición cun cadro cheo de estrelas. Así e todo, completa unha irregular traxectoria na competición. Antes da semifinal, onde derrotou a Ghana por 1-0, perdera o seu primeiro encontro no grupo clasificatorio diante da propia selección exipcia, que lle puxera enriba un 4-2. Faraóns contra leóns, a solución do trono futboleiro africano este domingo.