Arredor do empate se move a candidatura do Partido Demócrata, despois de que Barak Obama colleitase amplos triunfos nos estados de Washington, Nebraska e Louisiana.
Era unha xornada decisiva en canto ás posíbeis tendencias marcadas á saída do recente Super Martes, e Barack Obama asoma con triunfador esta fin de semana na loita con Hillary Clinton pola candidatura do Partido Demócrata. Con 158 delegados en xogo en tres estados, Washington, Nebraska e Louisiana, o senador demócrata arrasou nos tres casos, con vitorias respectivas nas que chegou ao 67, 69 e 60 por cento do total dos votos.