Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
Seis meses após a despenalización

Só houbo en Portugal a metade dos abortos que se tiñan previsto

Perto de 6.000 mulleres decidiron interromper os seus embarazos en todo este tempo, moitas menos das que se contaban.

Redacción - 14:00 10/02/2008

Seis meses despois da despenalización da Interrupção Voluntária da Gravidez (IVG) e segundo datos oficiais, até finais de decembro do ano pasado unhas 6.000 mulleres abortaron en Portugal por decisión propia, moitas menos da metade das que se prevían.

Antes da realización do referendo que despenalizou o aborto (o 15 de xullo de 2007), as autoridades de Saúde portuguesas, baseándose nos datos recollidos noutros países europeos, calcularon que se habían de realizar uns 20 mil abortos ao ano no seu país. Mais a realidade é outra: en total os abortos foron 6.099, e o 97 por cento destas interrupcións do embarazo realizáronse en clínicas privadas e públicas (o resto, uns 190 casos, refírense a situacións clínicas ou impostas por outros motivos).

Jorge Branco, presidente da Comissão de Saúde Materna, dixo, ao dar a coñecer os datos, que estes falan do "gran predominio" do emprego de medicamentos para evitar o embarazo, en vez da optar pola cirurxía. O especialista, que tamén é director da Maternidade Alfredo da Costa, en Lisboa, considera este factor bastante positivo, pois recorrer aos medicamentos (como a pílula do día despois) é "menos agresivo e menos traumático" para as mulleres.

Despois de o "si" ter vencido no referendo
O presidente da Comissão de Saúde Materna tamén dixo que seis meses após de despenalizarse o aborto en Portugal, non houbo problemas, nin nas institucións de saúde públicas nin nas tres privadas que están autorizadas para esta práctica.

Tamén valorou positivamente que só se tivesen realizado uns 30 abortos a mozas menores de 15 anos (o que supuxo apenas o 0,5% do total), e salientou que o grupo de mulleres, por idade, que máis recorreu a esta práctica foi o comprendido entre os 20 e os 34 anos (o 65,8 por cento). En mulleres maiores de 40 anos os rexistros oficiais indican 503 casos (8 por cento).

Por rexións, en Lisboa e no Vale do Tejo realizáronse máis da metade dos abortos (3.547), seguida da rexión Norte (1.173), Centro (382), Algarve (351) e Alentejo (147). Dous terzos destes practicáronse en institucións públicas.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: