As EOI de Vilagarcía de Arousa, de Monforte de Lemos, Viveiro ou Ribadeo, non ofertan esta posibilidade.
A Mesa pola Normalización Lingüística reclamou hoxe que amplíe a oferta de galego a todas as escolas oficiais de idiomas que dependen da Consellaría de Educación da Xunta, xa que, até o de agora, só se poden estudar nas sete grandes cidades.
Nun comunicado de prensa, esixiu ao PSOE, e en concreto aos socialistas galegos, que "dean verdadeiras garantías" de estudio do galego nas escolas oficiais de Galiza, "onde é idioma propio", "antes de propoñelo na Comunidade de Andalucía xunto co catalán e o éuscaro".
Nas escolas oficiais de idiomas de Galiza hai 662 matriculados en diferentes cursos de lingua galega nos centros que imparten este idioma, entre os que se atopan A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Santiago de Compostela, que foi a última en incorporarse á docencia de galego (no curso 2001-2002). Ademais, nas escolas oficiais de idiomas tamén se realizan cursos específicos de galego, como o realizado en 2007, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística de la Xunta, centrado na linguaxe administrativa.