Raphael Schutz non descarta presentar unha protesta formal diante do goberno español.
O embaixador de Israel no Estado Español, Raphael Schutz, asegurou este mércores que está valorando facer unha protesta formal diante do goberno español. O motivo é que coida que o goberno estatal tería que posicionarse contra a posición do BNG no Parlamento de Galiza ao respecto dunha declaración sobre o holocausto.
Schutz chegou a comparar a postura do Bloque coa de ultradereitistas como Joerg Haider ou Jean-Marie Le Pen.