Vieiros

Vieiros de meu Perfil


FSM

Xestionado por Vieiros
RSS de FSM
No Día Internacional contra a Mutilación Xenital Feminina

Medio millón de mulleres sofren a ablación cada ano en Europa

A pesares de que no continente esta práctica é ilegal, hai moitas familias africanas que seguen a facela.

Redacción - 12:50 06/02/2008
Unha nena, a piques de ser mutilada

Unha nena, a piques de ser mutilada

Esta cuarta feira é o Día Internacional de Tolerancia Cero á Mutilación Xenital Feminina, creado para clamar pola súa abolición por todo o mundo.

Nalgúns países africanos aínda é legal. Nuns 15 países foi prohibida, mais aínda está moi estendida; tanto que até chegou a Europa, onde se estima que son mutiladas case medio millón de nenas cada ano.

Os problemas da ablación
En moitas comunidades africanas, a ablación xenital feminina ten connotacións moi diferentes ás que se lle dan en Europa: pureza, gusto estético ou control da sexualidade feminina... mais agocha cousas tan terríbeis como os problemas físicos e psicolóxicos que leva aparellados.

A ablación do clítoris mesmo pode terminar coa vida da pequena mutilada, por hemorraxia ou infección; mais tamén hai perigo de SIDA, hepatite ou tétano, se os instrumentos que se empregan nesta práctica non están debidamente esterilizados. Tamén quedan outras secuelas que han de soportar toda a súa vida as pequenas, como a anorgasmia, a diminución da sensibilidade sexual e a dor durante o coito.

Por outro lado, é habitual que as vítimas da ablación teñan crises de pánico, depresións ou angustia, ou sentimentos de humillación, que veñen acompañados de medo e rexeite ás relacións persoais e sexuais.

A prevención europea
Segundo publicaba o xornal electrónico catalán Vilaweb, só o Departamento de Acción Social da Generalitat dispón dun completo protocolo de prevención da ablación (pdf), que é ademais un dos poucos de Europa. Este serve para asesorar aos profesionais sanitarios, educativos, sociais e asociativos sobre o problema, e adáptase ao novo Código Penal (que castiga a ablación con penas de seis anos de prisión a doce e estabelece que se poden perseguir os casos consumados no estranxeiro).

Desde o 2002 o goberno catalán fixo 223 intervencións para previr esta práctica (20 en 2003; 30 en 2004; 50 en 2005; 55 en 2006; e 68 en 2007).


Ligazóns

5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Imaxes contra a ablación, de Amnistía Internacional
Imaxes contra a ablación, de Amnistía Internacional