Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Un dos protagonistas da loita contra Reganosa

Morre Carmelo Teixeiro, coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia

Desde o colectivo destacan o seu "compromiso na defensa da ría de Ferrol e na loita por unha sociedade máis xusta".

Redacción - 09:00 06/02/2008

Carmelo Teixeiro Menéndez era na actualidade o coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, a plataforma que desde hai anos suma as voces de diversos colectivos de Ferrolterra que loitan polo cambio de localización da planta regasificadora de Reganosa.

Segundo comunicaban compañeiros da plataforma a última hora deste martes, Carmelo Teixeiro, faleceu como consecuencia da enfermidade irreversíbel que padecía desde hai tempo. O enterro será este mércores ás 18h no camposanto ferrolán de Catabois.

Desde a Asociación Cultural Fuco Buxán lembran o papel de Teixeiro durante a transición política. "Procedente das JOC, participou activamente no movemento sindical de Bazán dos anos sesenta e na reconstrución do movemento socialista na comarca, pois foi fundador da USO, posteriormente dirixente da UXT e formou parte da dirección do PS de G-PSOE, desde 1978". "O seu traballo sempre intenso, desinteresado e discreto, ao longo de toda a súa vida, polas causas sindicais, políticas e sociais, fai que nós, os seus compañeiros de tantos anos, nos sintamos enormemente orgullosos e agradecidos de compartir con el amizade, inquedanzas e tarefas", escriben desde o colectivo.


5/5 (13 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: