Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
UN MONOPOLIO ABSURDO

Complícase a fusión Yahoo-Microsoft

Tres días despois do anuncio dunha oferta de adquisición de Yahoo por Microsoft, xa non parece tan boa idea e aparecen os obstáculos para a súa materialización

Redacción - 13:55 04/02/2008

Bill Burnham, un financeiro de Nova York, ten un primeiro argumento avanzado e preciso segundo o cal se retiraría do mercado un dos tres principais compradores de start-ups. Unha consecuencia máis preocupante é que Yahoo se interese moito polas pequenas sociedades e presente unha solución atractiva para as empresas que non van ben para imporse soas e cotizar en bolsa.

Henry Blodget, un dos analistas máis coñecidos da economía de Internet considera que a fusión "será un desastre". Internet será sempre secundario para Microsoft e o monstruo que resultaría da adquisición debería loitar en demasiadas frontes e en demasiados ámbitos para chegar. Precisa que Microsoft e Yahoo deberían en combinar as súas forzas pero que deberían proceder de maneira diferente: creando unha compañía independente enteiramente consagrada á rede. Scott Karp engade en Publishing 2.0 que as dúas empresas teñen un modelo centralizado e que terán moitas dificultades para integrar a lóxica da rede que é unha "rede descentralizada".

Máis sutís, pero non menos xustos, algún escépticos mencionan as diferencias de cultura de empresa existentes entre as dúas compañías. Os usuarios de Flickr (o sitio de intercambio de fotografías de Yahoo) xa crearon varios grupos para protestaren.

David Gallagher apunta no blog Bits, "a imaxe de Microsoft seguirá planteándolle problemas mentres que o mundo en liña se fai cada vez máis social". Unha empregada de Yahoo declarou no Sidney Morning Herald que os seus colegas vían á compañía fundada por Bill Gates "como o gran polbo de 20.000 leguas de viaxe submarino, que quere tragar todo o mundo".

O editor Tim O' Reilly está convencido de que sería un erro combater Google in situ onde é o rei, motor de busca e publicidade, mentres que Yahoo e Microsoft terían unha posición dominante no ámbito das comunicacións entre a xente.

É a base do argumento formulado por Google en forma de artigo nun blog escrito por David Drumond, o Vicepresidente responsable dos asuntos legais. Suliña a "parte esnaquizadora das contas de correo e o servizo de mensaxería instantáneo" e lembra as prácticas de Microsoft que consisten en partir das súas posicións de monopolio para infiltrarse noutros mercados.

Brad Smith, que ocupa funcións similares en Microsoft, respondeu inmediatamente en forma dun comunicado (diferenza de cultura) lembrando entre outras cifras que "Google obtén arredor dun 75% das rendas publicitarias vinculadas ás procuras de información en todo o mundo, o que continúa a medrar". Tanto Nicholas Carr como Michael Arrington están convencidos de que un monopolio de Microsoft en Internet é absurdo cando o de Google apenas ten xa sentido.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: