Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Operación económica

Microsoft lanza unha oferta para mercar Yahoo!

Pagaría 31 dólares por acción, o que significaría uns 44.600 millóns de dólares, case 30.000 millóns de euros.

Redacción - 13:32 01/02/2008

Microsoft anunciou este venres unha oferta para mercar o buscador Yahoo! a un prezo de 31 dólares por acción ou, o que representa unha prima do 62% respecto ao prezo de peche desta quinta feira das accións da compañía de contidos na internet.

Segundo a oferta presentada por Microsoft ao consello de administración de Yahoo!, os accionistas desta recibirán unha cantidade en efectivo e un paquete de accións do xigante estadounidense.

A compañía que preside Bill Gates confía en que a operación reciba a aprobación pertinente, co obxectivo de completar a transacción durante o segundo semestre de 2008.

Ademais, sinalou que se comprometeu a traballar de forma conxunta co consello de dirección de Yahoo!, así como cos seus accionistas, mentres avalían a proposta.

"Temoslle un gran respecto a Yahoo!, e xuntos podemos ofrecer unha crecente oferta de solucións aos consumidores, editores e anunciantes, namentres que conseguimos situarmos mellor de cara a competir no mercado de servizos online", indicou Steve Ballmer, conselleiro delegado de Microsoft.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: