Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
PECULAR PROTESTA NAS ESTRADAS

O autobús de 'Galicia Bilingüe' atopa o primeiro 'stop' en Gondomar

O colectivo que promove unha campaña contra a normalización do galego no ensino acusa ao rexedor de impedirlles aparcar nunha praza pública.

Redacción - 19:40 03/02/2008

Tres días despois de que o colectivo 'Galicia Bilingüe' comezase a percorrer o país en autobús para mostrar a súa oposición ao decreto de galeguización do ensino xa comezaron os primeiros problemas. A asociación acusa ao alcalde de Gondomar, Antón Araúxo Quintás, de denegarlle un permiso para aparcar na praza da Igrexa da localidade. Segundo 'Galicia Bilingüe', o rexedor do BNG contestoulles que estaban previstos actos de entroido á vez que lles expresou “o compromiso coa defensa da nosa lingua, o galego, polo que non entendemos as agresións contra a mesma que vostedes propoñen dende a súa asociación”.

Sempre segundo a asociación, o alcalde tamén lles lembrou que “o galego é unha lingua minorizada que vén sendo agredida dende hai máis de cincocentos anos dende moitos ámbitos de de múltiples maneiras ata case a súa extinción, considerando quen isto asina que xa abonda”. Aínda así a asociación manifestou a súa intención de percorrer este luns a vila de Gondomar co seu autobús, aínda que “sen estacionar nun lugar concreto”


4,64/5 (45 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: