Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DUROS ENFRONTAMENTOS

O presidente do Chad resiste no seu pazo o asedio das forzas rebeldes

Fontes do goberno francés aseguran que o xefe do Estado Maior perdeu a vida nos combates.

Redacción - 12:00 03/02/2008
Tags: Chad

O máximo dirixente do Chad, Idriss Debay, négase a abandonar o pazo presidencial a pesar da forte ofensiva das forzas rebeldes, que combaten nas rúas da capital, N'Djamena, a escasa distancia da residencia. Ministros do seu goberno aseguran que está a dirixir persoalmente a defensa das instalacións.

Mentres, o ministro de Defensa de Francia, Herve Morin, confirmou este mesmo domingo que o xefe do Estado Maior do Chad perdeu a vida durante os enfrontamentos do sábado.

Poden ampliar en Al Jazeera e Radio France Internationale


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: