O Concello da Coruña, a través da concellaría de Medio Ambiente, puxo en funcionamento unha páxina na que se ofrece información sobre este servizo.
A Coruña conta xa cunha páxina na que os cidadáns poderán acceder ás fotografías e a toda a información dispoñíbel sobre os animais domésticos que se atopan nas instalacións do servizo de lacería municipal, agardando a seren acollidos. Dende esta web, tamén se indicará o funcionamento do servizo de recollida e adopción de animais domésticos.
O portal conta con diversos servizos de información relacionada cos animais, como os pasos a seguir para adoptar, a localización e o horario, os trámites e normativa e as tarifas. Tamén se poden colgar as fotografías de animais perdidos para facilitar a súa busca, e obter resposta ás dúbidas de que facer coas razas perigosas. Ademais, a web aos cidadáns a contribuír enviando anécdotas, historias ou fotografías cos animais domésticos.
Pero a utilidade deste sitio non acaba aí. A páxina inclúe un apartado especial para o manual de boas prácticas, coas obrigas básicas legais que hai que cumprir no momento de adoptar, e se expoñen tamén os beneficios da adopción, que poden favorecer a responsabilidade das persoas, subir a autoestima ou reducir o sentimento de soidade de moitas persoas.