Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Bos Aires

Edición xestionada por Débora Campos
RSS de Bos Aires
CONFLITO ENTRE ARXENTINA E URUGUAI

Non contamina, pero mellor non bebela

Un xerente da pasteira uruguaia Botnia que garantía diante dos xornalistas a calidade da auga negouse a beber dela cando llo pediron e mandou un empregado a facelo no seu lugar.

Débora Campos - 09:40 26/01/2008

Nunha visita para a prensa arxentina á planta que a empresa Botnia construiíu na cidade uruguaia de Fray Bentos (atrapada nunha longa loita entre os dous paises sudamericanos), os xornalistas instaron o xerente a que tomase un vaso da auga que volvería filtrada desde a pasteira ao Río Uruguai para comprobar o seu suposto carácter non contaminante. Pero o empresario negouse e un asesor tivo que beber o líquido amarelado dun dos estanques.

A pasteira Botnia invitou este martes máis de 30 xornalistas arxentinos para que coñecesen o funcionamento e procedemento da planta. Pero máis que explicacións técnicas, os presentes querían feitos, non palabras: por iso, no marco do conflito pola instalación da pasteira en Fray Bentos e a interminable discusión entre ambos os países polo carácter contaminante ou non da planta, a prensa instou ao xerente de Medio Ambiente, Gervasio González, a que tomase un vaso da auga que logo iría parar ao fondo do río Uruguai.

"Tomar auga, non"
Segundo consigna este mércores a prensa arxentina, antes os empresarios deixaran en claro que o 20 por cento da auga que utiliza a pasteira pérdese no proceso e o resto regresa ao río. Pero que antes de facelo, a auga pasa por dúas piscinas de tratamento onde se criaron microorganismos, que son os encargados de filtrala.

Pero rapidamente, González -quen un ano atrás se gabara de que bebería a auga- escusouse: "Non é auga potable. Tampouco tomaría auga do río Uruguai. Si me bañaría pero tomar a auga non". "Se a bebe alguén, non lle vai pasar nada. O peor que pode ocorrer é unha diarrea", explicou.

Ante a negativa, o asesor de prensa de Botnia, Aldo Leporati, decidiu facerlle fronte á situación: "Bo, tómoa eu, pero se vós a sacades". E así foi que o asesor apurou o grolo do líquido amarelado escuro do vaso. Entre risas, intentou quitar dramatismo: "Onde está o baño?", preguntou.


5/5 (7 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: