Investimentos de 1.316 millóns de euros en todo o sistema sanitario para "superar as actuais carencias".
"É un investimento sen precedentes", sinalou a conselleira de Sanidade, María Xosé Rubio, subliñando que se trata do plan "máis ambicioso" do Goberno.
Serán 1.316 millóns de euros a investir entre 2008 e 2013 no sistema sanitario público en Galiza, co obxectivo de reforzar as infraestruturas asistenciais e introducir cambios tecnolóxicos que melloren a eficacia do sistema.
Forman parte do proxecto os dous novos grandes hospitais de Vigo e Lugo. Ademais, recibirán inxección de euros o resto de hospitais do país para afrontar as súas demandas máis urxentes. O conxunto inclúe tamén 66 novos centros de saúde e reformas e ampliacións en 22 dos xa existentes.