Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
En xogo o futuro do sector en Ferrolterra

As garantías para o naval civil estarán na mesa de negociación poselectoral

Convencido de que non haberá maiorías absolutas, o coordinador do BNG, Francisco Jorquera, subliña que este tema "condicionará" o apoio para escoller presidente.

Redacción / EP - 09:00 15/01/2008

Nun acto público de precampaña celebrado este luns en Ferrol, o coordenador executivo do BNG e número un ao Congreso pola Coruña, Francisco Jorquera, destacou que o BNG "porá sobre a mesa" en calidade de premisas para o apoio ao próximo goberno español "a necesidade de activar políticas que permitan o desenvolvemento dos sectores produtivos básicos do país". Entre eles, mencionou a construción naval civil "e, en concreto, que deixe de vetala en Navantia Fene".

Acompañado polo actual deputado no Congreso, Francisco Rodríguez, Jorquera recordou que a súa formación "xa intentou levar adiante a través da Consellaría de Innovación un plan para aproveitar o enorme potencial do estaleiro, actualmente infrautilizado ou, directamente, abandonado". No entanto, laiouse de que "o PSOE, a través da SEPI, opúxose".

"Nun contexto no que non vai haber maiorías absolutas os deputados do BNG van ser aínda máis decisivos para escoller o presidente do goberno español e para influír nas políticas do Estado en beneficio dos intereses galegos", dixo agardar Francisco Jorquera.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: