O líder do Partido Popular asegura que "a caza é unha actividade económica básica do medio rural".
Mariano Rajoy, este domingo na localidade española de Alcázar de San Juan
O presidente do Partido Popular, Mariano Rajoy, anunciou este domingo na localidade española de Alcázar de San Juan que actuará en favor do sector da caza de chegar ao goberno, informa o diario madrileño Público.
Nun mitin de precampaña, onde os populares presentaron as súas propostas en materia de agricultura e de gandaría, Rajoy afirmou que a caza "é fundamental na conservación das especies" e representa unha "actividade fundamental para algunhas rexións" do Estado. Xa que logo, o PP actuará "en consecuencia".
O presidente popular dixo estar disposto a apoiar ao mundo da caza "despois de ser incomprendido e maltratado polo goberno do PSOE", xa que "a caza é unha actividade económica básica do medio rural que xera postos de traballo e riqueza".