Isabel Castro foi quinta en categoría feminina, Paulo González gañou en cadetes e Rocío Loureda finalizou terceira en categoría junior.
O ciclista galego Xosé Antonio Hermida revalidou o título de campión de España de ciclocrós, categoría elite, ao imporse na proba disputada nun circuíto da localidade burgalesa de Villarcayo. A prata, tamén como na pasada edición, foi para o cántabro Isaac Suárez, mentres que o bronce foi para o vasco Javier Ruiz de Larrinaga. O tamén galego Óscar Vázquez, que figuraba entre os favoritos ao podio, non puido finalizar a carreira.
Galiza colleitou outros éxitos no campionato, e por exemplo Paulo González gañou en cadetes, Isabel Castro foi quinta en categoría feminina e Rocío Loureda finalizou terceira junior.