Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CICLISMO DE MONTAÑA

Xosé Antonio Hermida, bronce nos mundiais de Livigno

O ciclista galego Xosé Antonio Hermida obtivo a medalla de bronce nos campionatos do mundo de ciclismo de montaña, desputado na localidade italiana de Livigno. Hermida, que xa foi prata nas Olimpíadas de Atenas, consegue así a súa primeira medalla nuns mundiais absolutos, logo de ser campión iúnior e sub23. O francés Julien Absalom foi ouro.

- 22:25 04/09/2005
Tags:

Sobre os 42 km do circuito de Livigno, ao que tiveron que darlle 3 voltas e media, o francés Julien Absalom demostrou dende o comezo a súa gran forma, dominando a proba canda o italiano Marco Bui. Despois, coa axuda do suízo Naef e mais de Hermida, Absalon atacou e esnaquizou o grupo en diversos pedazos, sen por iso deixar a cabeceira da proba. Finalmente, o suízo Christoph Sauser foi segundo e medalla de prata, a 18 segundos, e bronce o galego a 54". Por detrás entraron o sueco Kessiakoff e o suízo Frishknecht.


0/5 (0 votos)