Nas vindeiras semanas publicaranse case sete mil documentos elaborados por unha unidade de 'caza-ovnis'.
O goberno británico vai abrir, para deleite de moitos investigadores de conspiracións na sombra, os documentos clasificados que garda sobre obxectos voadores non identificados. O contido do departamento DI 55 dos Arquivos Nacionais do Reino Unido, cuxa existencia mesmo se chegou a negar, farase público consonte a Lei de Liberdade de Información, seguindo o exemplo de Francia.
O xornal The Observer informou de que se van publicar os case sete mil informes da unidade de cazadores de ovnis. Entre os casos máis misteriosos está o do bombardeiro Volcán, que foi perseguido por un "misterioso obxecto" cando sobrevoava o Golfo de Biscaia o 26 de maio de 1977.
Os cinco tripulantes coincidiron en relatar que "o seu avión foi perseguido por un obxecto luminoso" a 13.000 metros de altura, e que logo se dirixiu ao ceo en voo vertical. Ademais, "os radaraes captaron un forte sinal emitido polo ovni".
Outro dos casos insólitos foi o acontecido na Fraga de Rendlesham, que tamén forma parte da primeira quenda de documentos que se publicarán axiña. En decembro de 1980 varias persoas viron aterrar un obxecto nesa zona, nun caso comparábel ao de Roswell nos EUA. Daquela, a versión oficial da Forza Aérea Británica fora que os raios avistados procedían dos faros dun automóbil onde unha persoa estaba a comer chourizos.