As seleccións nacionais tiveron unha desigual sorte no campionato. Os rapaces clasificáronse no último momento, mais as rapazas non puideron pasar á seguinte fase.
O equipo cadete masculino de fútbol necesitaba empatar sen goles ou gañar contra a selección da Rioxa para pasar á fase final. Ao final empataron a uns, o que non lle chegaba a ningunha das dúas seleccións. Ao final pasaron á quenda de penaltis, na que os pequenos irmandiños foron derrotados. De todas, todas, á final pasaron, mais como segundos de grupo.
A final disputarase os días 29 de abril e 4 de maio en Albacete, e Galiza será un dos 8 mellores equipos alí reunidos para conseguir o ouro.
O equipo feminino non logrou a clasificación, aínda que puido despedirse da competición cun empate contra Asturias (1-1).