Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Fútbol. Campionato Estatal de Seleccións

As seleccións galegas buscan o pase á final en Logroño

O fútbol galego de base participa nos campionatos estatais de idade escolar, que se desenvolven deica a segunda feira en Logroño.

Redacción - 14:04 04/01/2008
Tags:
O fútbol en idade escolar / Flicr: Maulon!

O fútbol en idade escolar / Flicr: Maulon!

Despois de que se desenvolvese a pasada semana o Campionato Estatal das categorías sub-18 e sub-14 (no que Galiza foi unha das primeiras clasificadas para a seguinte fase), esta semana Logroño acolle o mesmo campionato, mais desta volta de rapaces e rapazas sub-16.

Dende esta sexta feira e até a segunda as 18 seleccións autonómicas cadetes, na categoría masculina e feminina, hanse enfrontar entre elas para gañar o Campionato Estatal.

Na categoría masculina participan Estremadura, Castela e León, Madrid, Canarias, Valencia, Euskadi, Aragón, Galiza, Cantabria, Andalucía, Cataluña, Navarra, Murcia, Asturias, Baleares, Ceuta, Melilla e A Rioxa. As mulleres teñen catro equipos menos (o de Ceuta, o de Melilla e os de Euskadi e Cantabria).

Os enfrontamentos dentro de cada grupo celebraranse durante os tres primeiros días de competición -dende mañá-, mentres que a segunda feira hanse celebrar os cruces e as finais, para coñecer aos clasificados para a fase final.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: