Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
CENTENARIO DO SEU NACEMENTO

Xerais publica 'O segundo sexo', de Simone de Beauvoir

O libro constitúe unha das obras de refrencia do feminismo dende a súa publicación en 1949.

Redacción - 08:10 09/01/2008

A obra é editada conxuntamente por Xerais e a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta, coincidindo co centenario do nacemento de Simone de Beauvoir (o nove de xaneiro). A publicación enmárcase dentro dos actos organizados ao redor do 8 de marzo, Día Internacional da Muller.

Na presentación da obra, a secretaria xeral de Igualdade, Carme Adán, valorou a figura de Simone de Beauvoir e asegurou que "é imposíbel medir o impacto e a repercusión" da escritora feminista "máis lida" do mundo. "A súa obra inspirou gran parte do feminismo teórico da segunda metade do século XX', precisou e engadiu que "por ende, foi a base de moitas das políticas actuais".

En O segundo sexo, a autora pon as bases da reflexión ao redor do que é biolóxico e do que é cultural na situación de inferioridade que padecen as mulleres, deixando claro no segundo volume do libro que On ne nait pas femme, on le devient (non se nace muller, unha convértese en muller).


4,5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: