Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
NORMALIZACIÓN NA ESCOLA

A Mesa detecta “graves incumprimentos” do decreto de galeguización do ensino

Os principais problemas están a xurdir en Educación Infantil, onde segue relegado o uso do galego.

Redacción - 14:24 08/01/2008

A Mesa pola Normalización Lingüística ten constancia de numerosos incumprimentos do novo decreto de galeguización do ensino. Segundo explicou o presidente desta entidade, Carlos Callón, as deficiencias son especialmente graves no que respecta á docencia oral en Educación Infantil, un dos puntos fundamentais do decreto aprobado o pasado ano pola Xunta. Segundo Callón, aínda está moi lonxe de cumprirse nesta etapa o 50% de clases en galego que estipula como mínimo a normativa.

Para solucionar a problemática, dende A Mesa piden que a Consellaría de Educación elabore de xeito urxente un Plan Formación en Galego para o profesorado. Callón asegura que A Mesa pretende facer unha crítica construtiva e agarda que de aquí a final de curso as cousas cambien e o decreto funcione con normalidade. Para iso, fixo un chamamento ao profesorado para que se conciencie da necesidade de aplicar a norma.


4,96/5 (24 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: