O accidente produciuse fronte á illa Coelleira, aínda que o estado do mar non era malo.
Dous mariñeiros morreron o mediodía do luns fronte á illa Coelleira, no concello do Vicedo. O servizo de emerxencias recibiu o aviso dun pescador que viu o accidente dende a costa. Segundo declarou á Radio Galega o alcalde do Vicedo, os dous tripulantes do Sombrisa son veciños do municipio mariñao. A causa do accidente puido ser o elevado peso das nasas, unha vez descartadas as condicións meteorolóxicas.