Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Voz galega desde Chiapas (8)

Crónica Garrucheira

Os Pallasos en Rebeldía animan o contorno zapatista. Crónica de Iván Prado desde Chiapas.

Iván Prado - 09:30 06/01/2008
Tags:

Pasar o fin de ano na Garrucha é unha experiencia inolvidable, pero se ademais é o peche do encontro internacional de mulleres zapatistas coas mulleres do mundo, daquela, o plus de disfrute dispárase ata alcanzar un gozo incalculable.

Escoitar as loitas da compañeiras chegadas desde todos os recunchos do planeta a este terceiro caracol, encontrar vellos amigos, recoñer a compas baixo os pasamontañas e palicates, comer flocos de millo, bailar toda a noite ata parecer vellos baixo a capa de pó que deixa a nube bailadora, botar risas cos meus amigos choferes que sempre dan a última información secreta… Todo iso é un pack vacacional ben lindo, pero nada en comparacóon a escoitar falar a comandate kelli do 3º caracol pechando o encontro de mulleres. "lembren compañeiras, cando recgresen ás suas casa non esquezan platicar e platicar con todas e cada unha das mulleres que as rodean. Esta loita ha de facerse no día a día para conseguir o nosos dereitos como campesiñas, como indias e, sobre todo como mulleres..."
Ata seis veces o dixo no mesmo discurso, sabedora que a pedagoxía zapatista tén a sua excelencia na capacidade de filtar mensaxes unha e outra vez na sociedade, como elas din: “cando unha muller avanza non hai home que retroceda”.

E así, con esa emoción, de ser parte da historia desta revolta india que segue a mudar os xa desmantelados pisos e tellados da esquerda tradicional, pasamos un fin de ano nuclear. O “Illi” e máis eu bailando con todas as mulleres pasamonteañadas que atopamos, tan tolos estabamos nesa voráxine bailantinba, que eu senme decatar saqeui a bailar a unha das comandatas políticas que máis coñezo, e porque esta ao estar envolta baixo o paliacate lunar e físico nin conta me dera. E a costa de chimpos e tropezóns o paliacate caíallee baixo as protestas da sua filla. Así puiden ver o rostro rebelde dunha das figuras claves do sector feminino da resitencia zapatista. Iso si, en canto rematou o baile, gardei os meus chistes no morral, despedímonos con moita diplomacia e marchamos a fume de carozo, o mesmo que eu levaba prendido no meu rostro.

A garrucha é un dos caracois máis bonitos e acolledores. De feito, nós que chegamos os últimos ao encontro, tivemos que ser aloxados nas casas dunhas “doñas” zapatistas, cousa que tén unha maxia especial. Os galegos e as galegas desta expedición tivemos a sorte de gozar desa maxia única e de abrir o ano arroupados polos cariños e os recoñecementos de ducias de zapatistas que coñecían o traballo de “Lokouk” e os Pallasos en rebeldía.
Poucas veces me sentín tan en familia celebrando unha data que facía moito que non sentía tan miña.

Crónicas anteriores


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: