Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PARA A PRÓRROGA DA CONCESIÓN

A mina de Serrabal terá tres meses máis para presentar o estudo de impacto ambiental

A Consellaría de Industria xustifica a súa decisión na complexidade da elaboración do informe, preceptivo para a posíbel renovación.

Redacción - 17:52 03/01/2008
Mina de Serrabal / H. Neira, CIG

Mina de Serrabal / H. Neira, CIG

A Consellaría de Innovación e Industria decidiu darlle tres meses máis á empresa mineira Rocas, Arcillas y Minerales S. A. de Serrabal para que entregue o estudo de impacto ambiental necesario para que se estude a prórroga da concesión. O departamento autonómico atendeu a petición feita pola compañía o 14 de decembro, e tivo en conta que haberá que someter á avaliación de impacto ambiental a totalidade do proxecto de prórroga.

A consellaría lembra que a Lei de réxime xurídico das Administracións Públicas permite suspender o prazo máximo legal de resolución dun procedemento se se deben solicitar informes preceptivos, como é o caso. Así, xustifica a súa decisión no carácter técnico e na complexidade do estudo de impacto ambiental. Os tres meses adicionais computarán a partir do día seguinte á notificación do requirimento do estudo á empresa, que foi o 3 de decembro.


4/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: