Preto de douscentos traballadores da mina de Serrabal na localidade coruñesa de Boqueixón paralizaron este martes as obras de construción da liña do AVE ao seu paso polo complexo mineiro. Os empregados de Serrabal, empresa pertencente a Ferroatlántica, propiedade de Juan Miguel Villar Mir, opóñense ao trazado da alta velocidade xa que suporía o peche da mina, poñendo en perigo case 600 postos de traballo. Segundo a Conferencia Intersindical Galega, CIG, un cambio de trazado sería moito máis económico para o Estado que unha hipotética indemnización a favor de Villar Mir.