Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Implicados no "Plan Cóndor"

A xustiza italiana abre proceso contra 140 ex militares latinoamericanos

Unha xuíza asinou até 146 ordes de arresto pola participación dos antigos oficiais no secuestro e asasinato de varios cidadáns de orixe italiana.

Redacción - 13:00 26/12/2007

O pasado luns foi xa detido na localidade de Salerno, no sur de Italia, o ex militar uruguaio Néstor Jorge Fernández Tróccoli. A xuíza Luisanna Figliolia asinou outras 146 ordes de arresto, malia que seis dos requiridos xa morreron. En total, a xustiza sinala a 61 arxentinos, 32 uruguaios, 22 chilenos, 13 brasileiros, 7 bolivianos, 7 paraguaios e 4 peruanos.

Considérase que todos estes ex oficiais militares estiveron implicados directamente na coordinación da Operación Cóndor, deseñado polas ditaduras militares de Arxentina, Uruguai, Chile, Brasil, Bolivia e Paraguai. Baixo ese plan, os militares intercambiaban información sobre milleiros de cidadáns opostos aos réximes dos seus respectivos países, datos que remataron en moitos casos co secuestro e asasinato destas persoas.

O proceso que agora chega ás primeiras planas en Italia ten que ver coa súa vinculación concreta coa desaparición e presunto asasinato de 25 cidadáns de orixe italiano durante as décadas do 70 e 80. A investigación fora iniciada en 1998, despois das denuncias presentadas por varios parentes dos falecidos. As ordes de arresto foron solicitadas polo fiscal do Tribunal Penal de Roma, e inclúen entre outros o ex presidente Jorge Rafael Videla ou o ex xefe da xunta militar de Uruguai, Juan María Bordaberry.


Ligazóns

5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: