A acusación pública túrralle das orellas á delegación de Industria por non ter tomado medidas contra a empresa ilegal.
A acusación pública decidiu emprender accións legais contra a empresa Farriense de Granitos por estar en actividade sen licenza. A compañía pertence a empresarios da zona vinculados co PPdeG, que tamén goberna neste municipio. A querela, segundo informa El País, tamén lle turra das orellas á delegación da Consellaría de Industria por non ter pechado nin sancionado a canteira, a pesar das numerosas denuncias do BNG local.
Farriense de Granitos contituíuse en xaneiro de 2004 e ten localizada a súa actividade no Monte da Farria, que dispón dunha protección paisaxística. Durante todo este tempo, a empresa comercializou o seu produto sen dispór de licenza municipal.