O ex alcalde coruñés e agora embaixador no Vaticano considera que o PSOE "debería pedir perdón pola persecución á Igrexa durante a Guerra Civil".
Francisco Vázquez
O xornal madrileño 'La Razón' abre a súa edición do domingo cunha entrevista ao ex alcalde herculino Francisco Vázquez. O embaixador español no Vaticano fai unha encendida defensa do papel da Igrexa no Estado ao asegurar que "as familias españolas saben que a fe católica é un dos grandes alicerces do noso concepto de nación. España é froito da fe da lingua, estes elementos singularizáronnos como nación. Os dous están plasmados na que quizais é a páxina máis gloriosa da nosa historia: a evanxelización de Hispanoamérica".
Na mesma entrevista, Francisco Vázquez considera que o seu partido, o PSOE, débelle pedir perdón ás autoridades relixiosas pola Guerra Civil.
Poden ler aquí a entrevista íntegra.