Xesús Pastoriza está acusado de ter ocasionado danos no cristal dun autobús durante folga de La Unión en 2001.
A acusación particular solicita para catro anos e seis meses de cárcere e o Ministerio Fiscal, tres anos e medio, ademais de ter que pagar unha multa e indemnizar á empresa. Acúsano de ter ocasionado danos nos cristais dun autobús da Empresa Monforte o 3 de marzo de 2001, no transcurso dunha folga de transportes.
A CIG denuncia que Pastoriza non foi identificado nin detido o día no que supostamente se produciron os feitos, e as acusacións baséanse na declaración dunha testemuña que afirma ter ter visto o vehículo do acusado nas proximidades do lugar onde estaba estacionado o autobús, no polígono de Bértoa, en Carballo. A Pastoriza impútanlle tamén a comisión dun delicto contra a liberdade dos traballadores, algo considerado absurdo pola CIG, pois a Empresa Monforte non se atopaba en folga.
O sindicato entende o proceso aberto contra Pastoriza "como un intento máis do Grupo Monbús, ao que pertence a Empresa Monforte, de amedrentar os sindicalistas". Considérano, polo tanto, dunha nova represalia contra a CIG por parte de Raúl López, propietario do Grupo Monbús, pois no momento en que tiveron lugar os feitos estaba en folga Transportes La Unión, unha das compañías que conforman o Grupo.
A vista contra Xesús Pastoriza celebrarase o xoves 20 de decembro, ás 10:00 horas, no Xulgado do Penal número 5 da Coruña.