Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
Ás portas dun xulgado

A ETA estoura un artefacto en Sestao sen causar feridos

A explosión produciuse despois de que advertisen da súa colocación mediante unha chamada de teléfono.

Redacción - 11:20 16/12/2007

A explosión dun artefacto que presuntamente a ETA colocou na madrugada do sábado ao domingo nos xulgados de Sestao (Euskadi), que provocou danos materiais no teito do edificio así como nun portal lindeiro sen que causase feridos.

Os primeiros indicios sinalan que se trata dun artefacto con temporizador que posuía entre dous e tres quilos de material explosivo, segundo informou a Ertzaintza.

A ETA estourou o artefacto na sede do xulgado de Sestao, despois de advertir da colocación da bomba á Asociación de Axuda na Estrada de Biscaia (DYA). "Chamo en nome da ETA. Á unha vai estourar unha bomba nos xulgados de Sestao. Entendíchesme?", advertiu o intelocutor.

A explosión ten lugar un día despois de que advertisen nun comunicado que "seguirá actuando contra todas as forzas e aparellos represivos españois, sexa no lugar que sexa".


2,33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: