O Consello de Ministros concédelle o galardón a un total de 34 homes e mulleres.
Díaz Pardo
O Consello de Ministros concedeu este venres 34 medallas ao Mérito no Traballo. Entre os condecorados atópanse dous galegos: Isaac Díaz Pardo e Pilar Valiño Pérez. O executivo español destaca a traxectoria de Díaz Pardo (Compostela, 1920) como intelectual galeguista e polifacético artista e como 'alma mater' empresarial de Cerámicas Sargadelos e do Laboratorio de Formas de Galicia.
Pilar Valiño Pérez, naceu en Oza dos Ríos en 1929. Sendo aínda unha adolescente comezou a traballar na empresa Pesquerías Españolas de Bacalao, onde destacou como activista sindical. Entre 1979 e 2007 foi concelleira de Mercados, Comercio Tradicional e Servizos Sociais no Concello da Coruña.