Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
CAMPAÑA FARMACÉUTICA

Mensaxes SMS avisarán cando hai que tomar a pílula anticonceptiva

O servizo, gratuíto, pretende que as usuarias non esquezan a toma do medicamento.

Redacción - 12:01 30/11/2007

As mensaxes de móbil xa se popularizaron até tal punto que unha compañía farmacéutica, Wyeth, ofrece dende a súa web un servizo gratuíto de envío de SMS para lembrar cando hai que tomar a pílula anticonceptiva. O servizo, anónimo, evita que as usuarias rexistradas esquezan a toma do medicamento.

A campaña ten como principais destinatarias as novas usuarias da pílula, que son máis propensas a esqueceren e tamén as máis familiarizadas co uso do móbil. As mensaxes non se reciben indefinidamente, só durante o período necesario para crear o hábito. As que usen caixas de 21 pílulas recibirán unha mensaxe todos os días o primeiro mes, e logo o primeiro día do mes durante o resto do ano. Para as que merquen envases de 28, os avisos son diarios durante tres meses.

Aínda que en principio é unha campaña comercial, o envío de SMS pode ter novas aplicacións, como lembrarlles ás embarazadas as doses de ácido fólico ou para que a xente que toma antibióticos non abandone o tratamento antes de tempo.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: