A medida, proposta polo alcalde, o blogueiro Iván Puentes, liberará a policía local de entregar os documentos persoalment
A policía municipal de
Fene deixará de levar as convocatorias ás casas dos concelleiros. A proposta do alcalde, o blogueiro
Iván Puentes, de enviar os comunicados por medio de mensaxes de móbil e mais do correo electrónico vai introducir as novas tecnoloxías nas prácticas políticas locais e asemade deixar que os axentes se dediquen ao seu traballo.
A proposta do alcalde, aprobada por unanimidade, evitará que se teñan que levar persoalmente as convocatorias aos domicilios de cada un dos 17 concelleiros, ás que lles había que sumar as asociacións de veciños e sociedades parroquiais no caso das chamadas aos plenos.
Segundo Puentes, do
PSdeG, a medida non só pretende apostar polas novas tecnoloxías, senón tamén mellorar o servizo da policía local, co que se poderá implantar un servizo nocturno.