Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
25 DE NOVEMBRO

A Xunta rexeita a violencia de xénero nunha declaración institucional

O Consello acorda un texto en que amosa a súa intención de eliminar unha lacra social.

Redacción - 17:56 22/11/2007

O Goberno aprobou no Consello deste xoves unha declaración institucional co gallo do Día internacional contra a violencia de xénero, que se conmemorará o domingo 25. O texto, que rexeita todo tipo de agresión contra as mulleres, é o seguinte:

Con motivo da conmemoración do Día internacional contra a violencia de xénero o vindeiro 25 de novembro, expresamos unha vez máis a repulsa máis profunda da Xunta de Galicia á violencia masculina contra as mulleres.

A violencia de xénero obríganos a empregar todos os esforzos institucionais, os recursos e as vontades para acadar a súa erradicación e queremos facer fincapé, no marco simbólico deste Día internacional contra a violencia cara as mulleres, que é viable, e por tanto necesario, avanzar cara á escenarios que nos axuden a configurar unha Galicia libre de violencia de xénero.

A violencia contra as mulleres é unha lacra que se estende ao longo dos tempos e atravesa culturas, crenzas e sociedades, provocando padecemento ás mulleres, independentemente do seu nivel económico, da súa formación, da súa orixe ou da súa idade. Esta dimensión globalizadora da violencia de xénero no se ten que converter nun obstáculo, senón que debe impulsarnos a actuar para contribuír a diminuír os seus efectos máis aterradores e a garantir os dereitos básicos das mulleres.

Toda a sociedade galega, de xeito individual ou colectivo, no ámbito social, político ou institucional podemos, e temos a obriga, de facer algo contra esta lacra, e apelamos á necesidade de unir esforzos para incrementar a eficacia dos nosos compromisos cara un cambio de mentalidades que faga posible que as mulleres poidan gozar plenamente do seu status de cidadás de pleno dereito.


Ligazóns

1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: