As de Vilagarcía xa están na capital rusa, dispostas a xogar contra o até o de agora invencíbel BC Moscow.
As xogadoras do BC Moscow lideran até o de agora o Grupo I da Copa de Europa de baloncesto, e as galegas viaxan a Rusia conscientes das poderosas rivais ás que se van enfrontar esta tarde no Pazo dos Deportes de Krylatskoe.
As xogadoras rusas, moi potentes fisicamente, moitas rozando os dous metros de altura e moi boas no xogo interior son un rival impecable, que poñerá a proba os nervios da arousás.
Despois de lles gañar a semana pasada ás suízas do Sdent Sierre Basket por 85-64, a clave da clasificación está en vencer ao Beretta-Familia na casa, no pavillón de Fontecarmoa, o vindeiro 5 de decembro. Pero as galegas non van renunciar a gañar en Moscova.
A Galega tampouco vai retransmitir este partido
Desta volta a Galega tampouco vai retransmitir un partido do mellor baloncesto galego e dun equipo que, após anos de loita, conseguiu situarse entre os mellores de Europa.