Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A causa da explosión en Lagares é "exclusivamente técnica"

Manuel Ameijeiras: "Non hai artefacto"

O delegado do goberno español en Galiza confirma que o incendio declarado na depuradora viguesa "non ten nada que ver con provocacións de ningún tipo".

Redacción - 13:48 17/11/2007

O delegado do goberno español en Galiza, Manuel Ameijeiras, confirmou que a explosión que tivo lugar na madrugada do venres ao sábado nas inmediacións da depuradora de Lagares, na parroquia de Coruxo (Vigo), ten unha orixe "exclusivamente técnica".

En declaracións aos medios durante a súa visita á sede do futuro Museo da Ciencia, Ameijeiras explicou que se trata dunha arqueta de Unión Fenosa, e que a explosión provocou a caída do servizo dunhas 3.000 persoas. No entanto, o servizo restabeleceuse "case totalmente" sobre as 6.00 horas do sábado.

Neste senso, insistiu en que "non existe alarma de ningún tipo", e reiterou que os feitos "non teñen nada que ver con provocacións de ningún tipo". "Non hai artefacto. A presenza de restos de explosivo está desbotada", incidiu, e recalcou que aínda que "coincidiu coa manifestación contra a depuradora, é totalmente casual".


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: