Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Dez horas de incendio en Teo

A falta de chuvias alonga o período crítico de risco de lumes

O martes producíronse 46 rexistros que afectaron a unha superficie de 150 hectáreas, namentres que este mércores houbo novos focos en Entrimo, Salvaterra e Lalín, controlados ou extinguidos xa todos.

Redacción - 14:39 14/11/2007

Os efectivos de extinción de incendios lograron extinguir 2.30 horas da madrugada do martes ao mércores, tras dez horas de traballos, un incendio forestal no lugar de Castres, en Teo (Compostela).

As lapas e o intenso fume obrigaron a que fose desaloxada unha vivenda, e chegaron a ameazar os depósitos de gas propano dunha outra casa.

"Presumibelmente provocado"

Fontes do Concello de Teo e da Consellaría de Medio Rural precisaron que o incendio, iniciado ás 16.30 horas, contou con dous focos a pouca distancia un doutro. O alcalde do municipio, Martiño Noriega, admitiu as súas "sospeitas" sobre que este fose "presumibelmente provocado".

Noriega permaneceu no lugar do incendio até que foi controlado polos efectivos de Medio Rural, ás 00.20 horas. Finalmente, extinguiuse por completo dúas horas máis tarde.

Pequena reprodución no Entrimo

En total, na xornada do martes rexistráronse 46 incidentes que afectaron a unha superficie de pouco máis de 150 hectáreas.

Na mañá do mércores deuse constancia de tres conatos de lume en Entrimo (Baixa Limia) -"pequena reprodución" do que se iniciou o luns en Portugal, segundo Medio Rural-, Salvaterra de Miño (O Condado) e Lalín (Deza), xa controlados ao mediodía.


Ligazóns

5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: