Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Pola caricatura de Felipe de Borbón e Letizia Ortiz

Multas de 3.000 euros para os dous humoristas de 'El Jueves'

A Audiencia Nacional considéraos "responsábeis dun delito de inxurias a El-Príncipe", contemplado no artigo 491.1 do Código Penal.

EP / Redacción - 13:28 13/11/2007

O xuíz central do penal da Audiencia Nacional, José María Vázquez Honrubia, condenou este martes unha multa de 3.000 euros para cada un dos dous humoristas da revista satírica El Jueves Guillermo Torres e Manel Fontdevila, aos que considera "responsábeis dun delito de inxurias ao Príncipe", contemplado no artigo 491.1 do Código Penal, pola caricatura realizada dos príncipes españois botando un ferrete.

O fiscal Miguel Angel Carballo solicitou elevar de 3.600 a 6.000 euros a multa para os dous humoristas ao considerar que a difusión da caricatura aumentara os beneficios económicos" da revista, o cal considerou "intolerábel para o Ministerio Fiscal".

Os dous humoristas afirmaron non sentirse culpábeis da comisión de ningún delito, namentres que o seu avogado defensor apelou á liberdade de expresión para xustificar a actuación dos seus representados.


4/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: