Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
LIBERDADE DE EXPRESIÓN?

Os autores da caricatura de “El Jueves” terán que declarar por un delito de inxurias á coroa

A fiscalía segue adiante co proceso contra a revista satírica.

Redacción - 19:21 23/07/2007
Portada censurada

Portada censurada

A Fiscalía da Audiencia Nacional española vai citar a declarar os autores da portada publicada no último número da revista El Jueves. A acusación pública cre que o debuxo pode constituir un delito de inxurias á coroa. Diante dos tribunais terán que comparecer o debuxante Guillermo e o guionista do debuxo Manel Font de Vila.

Mentres tanto, a revista satírica está a preparar un número especial sobre o secuestro da publicación. A web da publicación volve estar accesíbel, aínda que sen a polémica portada de Felipe de Borbón e Letizia Ortiz.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: