Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Buque accidentado na bahía

Segue o estado de emerxencia en San Francisco polo vertido de 200 mil litros de fuel

Investigan o capitán do barco pola súa implicación en varios sucesos similares.

Redacción - 11:15 11/11/2007

Desde o venres pasado, un amplo dispositivo de emerxencia traballa na Bahía de San Francisco nas tarefas de limpeza do fuel derramado polo cargueiro que bateu contra a ponte da bahía nun momento de pouca visibilidade.



"Hai condicións de perigo estremo para a seguridade das persoas e para as propiedades na zona, e está ameazada a vida mariña", recoñeceu o gobernador de California, Arnold Schwarzenegger, durante a súa visita ao lugar do sinistro poucas horas despois.



Ducias de aves petroleadas foron xa atopadas mortas, ao tempo que se traballa na limpeza das que se atoparon afectadas. Por outro lado, o accidente prodúcese xusto na semana anterior á apertura oficial da tempada do cangrexo, e témense elevadas perdas económicas por este motivo.



Poden ampliar en Los Angeles Times: Traballan no rescate das aves afectadas e no San Francisco Chronicle: O capitán di que se avisou inmediatamente pero que os barcos de limpeza tardaron hora e media en aparecer.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: