Os adestramentos do KGZ seguen adiante. Coas novas incorporacións as cousas cambian, pero os neo profesionais vanse adaptando.
Un destes neo profesionais é Gonzalo Rabuñal (Arteixo, 1984), un dos corredores máis destacados da súa promoción a nivel do estado español, dende a categoría de cadetes.
A comezos deste ano daba o salto ao campo profesional co Karpin Galicia, equipo no que se prepara para cumprir a súa segunda tempada. Nunha entrevista feita ao corredor, este falaba un pouco das súas fazañas da pasada tempada, mais consideraba que aínda o poder facer mellor, xa que a experiencia axuda a render máis.
Tres semanas de adestramentos en grupo
Na primeira semana de adestramento en grupo, Rabuñal destacou que, aínda que ao comezo da tempada "sempre un pouco adaptar o corpo ao esforzo", cos risos "os adestramentos e as maniotas son máis fáciles de levar".
Até o de agora os ciclistas do equipo profesional galego están desenvolvendo unha habitual pretemporada, cun pouco de ximnasio, bicicleta de montaña, piscina... Algúns deles tamén dedican moito tempo a camiñar, mentres Rabuñal di preferir os patíns: "no meu caso dedícome a patinar. Utilizo patíns en liña e exercítome durante unha hora e media, aproveitando unhas estradas con pouco tráfico preto de casa", e continuou, "patino dende cadetes porque é un exercicio mellor para as articulacións que o camiñar e trabállanse un grupos musculares máis similares aos que interveñen no pedaleo. Ten certas similitudes co esquí de fondo, antes bastante practicado polos ciclistas na tempada invernal".
Os ciclistas do Karpin andan a solucionar todos os problemas que poidan ter para continuar a adestrar en Ponteareas. Rabuñal, Mourón e Cobelo xa buscaron a súa solución, e comparten un piso alugado na vila.
As cousas seguen avanzando de cara á vindeira tempada, que xa está ás portas.