Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O peor ano para o exército desde a invasión

Case un milleiro de soldados dos EUA morreron en 2007 en Iraq

A situación complícase en Afganistán, onde un ataque matou 60 persoas, entre eles o líder da oposición ao presidente Karzai. A insurxencia nega estar por tras dese atentado.

Redacción - 09:00 07/11/2007

Malia ser considerado un dos meses máis tranquilos, no que a violencia se refire, desde o inicio da invasión, un total de 39 soldados estadounidenses morreron durante o pasado outubro en Iraq. Con todo, a prensa dos EUA sinala que o exército informou dun descenso significativo dos ataques recibidos durante as últimas semanas. De calquera xeito, a ducia de militares que perderon a vida desde este luns fai sumar xa 855 falecidos, co que o 2007 se convertería xa no peor ano para as tropas dos EUA en Iraq.

Por outro lado, desde Afganistán chega noticia este mércores do que é considerado coma o peor ataque acontecido desde a caída dos talibáns. A cifra oficial inicial contaba de 50 mortos, pero as últimas novas apuntan a un incremento do número de falecidos. O atentado foi realizado por un suicida que estoupou explosivos ao paso dunha delegación parlamentaria encabezada polo voceiro da oposición a Hamid Karzai. Mustafá Kazemi foi así asasinado cando visitaba a zona para falar cos veciños. Malia que de xeito inmediato o goberno acusou os rebeldes, desde o ámbito dos insurxentes enviouse comunicación aos medios negando a autoría.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: